DeportesÚltima hora

A ourensá Tamara Silva, única galega no Campionato de Europa de Jiu Jitsu 2023

 

A jiujitsuka ourensá do Judo Club Marbel Tamara Silva Cid será a única galega presente no Campionato de Europa de Jiu Jitsu 2023, que se desenvolven entre os días 23 e 26 de novembro no Dom Sportova da cidade de Zagreb, en Croacia.

A actual concelleira nas áreas de Facenda, Dinamización e Administración xeral e Loxística do Concello de Ourense participará na categoría Ne-Waza de +70 quilos o venres 24 de novembro a partir das 9 horas.

Segundo Silva, “a convocatoria foi unha enorme alegría, porque non mo esperaba. Un orgullo ser a primeira ourensá e a segunda galega en participar nun europeo desta modalidade. É a miña primeira experiencia e tentarei dar a miña mellor versión”. Tamara será a terceira ourensá en participar nun campionato oficial de Europa, tras Felipe Iglesias e Christian Alvarez. Precisamente, Iglesias -como actual seleccionador galego de Jiu Jitsu- valorou a convocatoria da ourensá como “moi positiva para o noso deporte”, co obxectivo de competir “o mellor posible sen mirar o resultado”.

Tamara será un dos 25 integrantes da selección española desprazada a Croacia, a cargo do seleccionador Francisco Javier García Fernández. A expedición partirá o xoves á primeira hora da mañá en voo directo á capital croata. As pesadas oficiais desenvolveranse hoxe.

 

Artigos relacionados

Back to top button