CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A “Parranda”, o broche da tradicional Festa de Reis na Mezquita

A comitiva da festa, presidida polo Rei e pola Raíña e coa música dos Bertolini, percorría a vila seguida por numerosos veciños disfrazados e vestidos con farrapos

Tras catro días marcados pola festa e os banquetes comunitarios, a Festa dos Reis da Mezquita chegaba a súa fin no 5 de xaneiro. O calendario completábase coa tradicional “Parranda”, unha procesión festiva pola vila en carrozas. Ía presidida polas autoridades desta festa tradicional de inverno: o Rei e o Virrei e, por vez primeira neste ano, a Raíña e a Virraíña.

Ademais nesta ocasión recuperábase tamén o costume de que os veciños participasen na comitiva vestidos con farrapos ou disfrazados. Nesta ocasión, o traxecto (así como o xantar e a cea dese día), estivo animado polo ritmo tradicional dos Bertolini de Manzaneda.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button