SanidadeÚltima hora

A partir de mañá ponse en marcha no Barco un programa de prevención do VIH

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco adheriuse, por acordo plenario, ao proxecto “Fai a proba”, presentado no mes de febreiro na cidade de Ourense, e que ten como obxectivo a posta en marcha de dispositivos para poñer freo ao VIH e outras enfermidades de transmisión sexual, especialmente entre a poboación máis nova.

Por este motivo, desde mañá, 4 de abril, e a partir de agora todos os primeiros martes de cada mes, instálase unha oficina no Concello Vello, na que, de 12 da mañá ás seis da tarde, atenderase a toas as persoas que desexen participar nesta iniciativa, facendo unha proba de VIH e Hepatite C. Trátase dun servizo confidencial e gratuito, co que se pretende facer un cribado de saúde sexual.

O proxecto consiste na creación dun dispositivo adaptado ás necesidades locais en saúde sexual e diversidade, e baixo o modelo de boas prácticas para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e da Estratexia Fast Track Cities de ONUSIDA para acabar co VIH, ambos para o 2030.

O teléfono de contacto para dúbidas e cita previa é o 670578620 (whatsapp) e no mail: ourense@apoyopositivo.org.

 

Artigos relacionados

Back to top button