SanidadeÚltima hora

A partir do 14 de xullo, dispoñible a autocita para vacinación do Covid de primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en adiante

 

A partir do vindeiro 14 de xulloa Xunta de Galicia terá dispoñible a autocita para vacinación do Covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante. A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es), ou por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881. 54 00 45.

No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente.

Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.

Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC

Artigos relacionados

Back to top button