CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os nenos do Mini SilFest asisten a unha proba de son á beira do río

 

Coñecer como é o festival por dentro e como se traballa, é unha das propostas máis demandadas e esperadas do SilFest Valdeorras para o público infantil que ten a súa propia programación dentro do Mini SilFest.

Na xornada de apertura os cativos facían unha visita especial tanto ao backstage como ao propio escenario principal, guiados por Jorge Álvarez e Patricia Hermida; e na mañá deste sábado 20 de xullo acercábanse ata o escenario Xacobeo para asistir á proba de son do grupo local El Patio de Leni, para telo todo a punto para o concerto de hoxe.

 

 

E despois da sesión musical, os cativos volvían ao espazo do Mini SilFest para un novo obradoiro de pintura.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button