EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

A Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto O Barco conquista ao público

 

Como unha das actividades promocionais máis importantes do programa do CCA O Barco, subvencionada integramente pola Deputación de Ourense e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco, se representaba na tarde do sábado 15 de abril a Pasarela de Moda do CCA O Barco, concerténdose un ano máis nun éxito de convocatoria, tanto de participantes (con 15 tendas de moda que aposaron as súas propostas para esta primavera/verán e un cento de modelos de diferentes idades) como de público que enchía a rúa Academia de Dequidt.

 

 

 

Presentado polo humorista galego David Amor e amenizado musicalmente por Broken Peach que fixo tres pases, nesta ocasión pasaron pola pasarela as propostas de Casabella, Koki, Marylebone, Dulce Bebé, O Bambán dos Sorrisos, Modas Toño, Ton y Son, Baamonde, Multiópticas Valdeorras, Miranda X, Periódico O Sil, Eneska, Trios 2.0, N37, Garoba, Can Can e Pizpireta.

 

 

Entre o numeroso público estaban o alcalde do Barco, Alfredo García e outros membros da corporación barquense así como varios membros da directiva da Federación de Comercio de Ourense, entre eles a presidenta, Beatriz Gómez.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver

Máis información e fotos nos seguintes enlaces: https://osil.info/moita-moda-musica-e-bo-ambiente-na-pasarela-de-moda-do-centro-comercial-aberto-o-barco/

https://osil.info/a-pasarela-de-moda-do-centro-comercial-aberto-o-barco-conquista-ao-publico/

 

Artigos relacionados

Back to top button