ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Pasarela O Barco de Moda 2019 (avance fotos e vídeos)

Despois de semanas de intenso traballo por fin chegaba a data. Na noite do 20 de setembro unha abarrotada praza do Concello acollía a Pasarela O Barco de Moda 2019. A máis autóctona, a máis inclusiva e a máis exitosa.

Da man do Centro Comercial Aberto O Barco, coordinada pola ex modelo Diana Ortiz e presentada polo actor Christian Escuredo (todos barquenses), ao longo dunha hora e media desfilaron pola pasarela preto dun cento de modelos (40 cativos e 50 adultos) todos amateur, amosando as propostas para a tempada outono/inverno dunha vintena de establecementos de moda, complementos e estética do Barco de Valdeorras.

O broche a tan especial noite, adicada ao Camiño de Inverno e que contou coa excepcional colaboración de Asfaval, poñíao a coordinadora, Diana Ortiz, desfilando cun deseño de Jorge Álvarez, un xove deseñador vianés que a vestiu cun espectacular dúas pezas en negro e prata con detalles en pedrería e plumas.

Nestes vídeos podemos ver os pases de Casabella; de Miranda X e do Periódico O Sil; así como o saludo de Christian Escuredo, Diana Ortiz e Jorge Álvarez tralo desfile.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-barco-vistese-de-gala-coa-pasarela-de-moda-do-centro-comercial-aberto/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button