SociedadeÚltima hora

A Patrulla Felina O Barco presenta o seu calendario solidario

O obxectivo é recadar fondos para o funcionamento da asociación que tamén fai as funcións de protectora

 

O bar Río Galir era o lugar elixido para a presentación e venda do calendario solidario da Patrulla Felina O Barco, colectivo que preside Lorenzo Abelaira.

O obxetivo non é outro que recadar fondos para o funcionamiento desta asociación que, dende hai tres anos, vela polas colonias de gatos calexeiro na vila barquense. Funciona ademais como protectora, e entre as funcións que levan a cabo están localizar todas as colonias; identificar os gatos que as forman; capturándoos para esterilizalos; dar refuxio aos gatos capturados e esterilizados; e buscar adopción para cada un deles.

O calendario, coa fotografía dun gato por cada mes tomadas por Lorena Fernández e Sergio Durán está deseñado por Verónica Vieira de Por las Ramas Arte y Diseño. O acto, que aproveitaron para render contas destes tres anos de actividade, contou con música en directo

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button