CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A pegada salgada do mar nos contos de Victoria Siedlecki e Momi Ogalla, no Barco

Actuaban no marco do ciclo "De Perto" co seu espectáculo de narración oral "Historias que viñeron do mar"

 

O mar en forma de historias volvía novamente ao Barco da man do terceiro espectáculo do ciclo “De Perto”. Tras a invocación aos oceános que facía Xurxo Souto o 3 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira, o alento das mareas regresaba a este lugar barquense na tarde do 10 de xullo da man dos narradores orais Victoria Siedlecki (Bos Aires) e Momi Ogalla (Cádiz) a través da súa proposta “Historias que viñeron do mar”.

Ían intercalando a súa presenza no escenario para compartir viaxes inesperados, relatos dunha e outra beira, cargadas de sentimento, soños ou inquedanzas, “historias cheas de emoción, humor e poesía, nas que o mar aparece e desaparece, pero sempre está presente na súa pegada de sal, no seu cheiro inconfundible, no seu podería e a súa forza que nos impulsan sempre cara adiante, cara á seguinte historia”.

A oitava edición do ciclo “De Perto” continuará o 15 de xullo ás 20:30h. co espectáculo de narración oral “Divas de diván”, co trío de narradoras Carmen Conde, Vero Rilo e Ángeles Goás.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button