
Cun quinto posto na final saldaba a súa participación no Campionato de España Sub20 de pista cuberta a perteguista Lola Bouza, do Club Adas do Barco. A saltadora, que é a vixente campioa galega absoluta de aire libre en pértega, conseguía nesta competición celebrada o 8 de marzo en Antequera unha marca de 3.55 m., quedando a tan só un centímetro da súa MMT.
A este Campionato de España Sub20 de pista cuberta acudían un total de quince atletas galegas e galegos.
