DeportesÚltima hora

A perteguista Lola Bouza, do Adas do Barco, récord galego Sub20 en pista cuberta

Lograba un rexistro de 3.56 m no Control de Inverno que se celebraba o 20 de febreiro en Ourense

Lola Bouza, atleta do Club Adas nunha competición anterior./ Foto: FGA.

 

Dentro da representación valdeorresa que acudía o 20 de febreiro ao II Control de Inverno de pista duberta da Federación Galega de Atleismo (FGA) en Ourense estaba Lola Bouza Villar, do Club Adas do Barco.

Esta perteguista facíase co récord galego Sub20 de pista cuberta nesta proba ao conseguir unha marca de 3.56 m, segundo a FGA. Ganaba a proba, na que en segundo lugar quedaba a súa compañeira no club valdeorrés Nerea Fernández, cunha marca de 2.86 m.

Artigos relacionados

Back to top button