DeportesNataciónÚltima hora

A piscina climatizada do Barco podería reabrir en outubro

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: A.R.

 

Outubro é o mes que se baralla para que a piscina climatizada do Barco reabra as súas portas, logo de que se producise o seu peche no ano 2018. Así o sinalaba o concelleiro de Deportes barquense, Aurentino Alonso, en resposta a unha pregunta formulada pola portavoz do PP, Sabina Aguada, no pleno celebrado na tarde deste 2 de setembro.

“Desta cuestión xa se deu conta na comisión de Deportes celebrada a pasada semana. A piscina está preparada e lista para ser aberta, pero coas restricións que había pola pandemia non se podía abrir. Tivemos cunha reunión cos responsables da empresa a principios de xullo e comprometéronse a lanzar toda a campaña de captación de socios, tendo tamén en conta a situación das restricións, neste mes de setembro de cara a abrir entre setembro e outubro”, aseguraba Aurentino Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button