OurenseÚltima hora

A piscina dos Remedios, unha das infraestruturas máis afectada polo temporal que azotou Ourense

O Consello Municipal de Deportes aproba declarar estado de emerxencia para axilizar as obras de reparación da cuberta

 

O pavillón municipal de deportes dos Remedios foi unha das infraestruturas máis afectadas polo temporal e auga e vento que sacudía á cidade de Ourense na tarde deste domingo 13 de xuño, levantando boa parte da cuberta o que obrigaba ao seu peche.

A consecuencia desta incidencia, na tarde deste luns día 14, o Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense celebraba unha xuntanza extraordinaria presidida polo alcalde, Gonzalo Jácome, para dar conta dos danos ocasionados onte e aprobar a proposta de Declaración de Estado de Emerxencia de Protección Civil a zona do Complexo Deportivo dos Remedios. Así, o organismo municipal acordou solicitarlle a dita declaración á autoridade competente (Administración Central) e darlles traslado do acordo ao resto de administracións públicas de cara ao seu coñecemento para a adopción, se procede, de medidas de colaboración para subsanar os danos ocasionados,

Este acordo permitirá axilizar a execución das obras de reparación da cuberta da piscina que, con esta declaración, poderanse adxudicar directamente, coma un contrato menor, sen necesidade de licitación. Mentres tanto, a piscina deberá permanecer pechada ao público.

Artigos relacionados

Back to top button