SanidadeÚltima hora

A Plataforma da Sanidade Pública de Valdeorras critica a situación deste servizo na comarca

Ademais chama a unirse e a asistir á manifestación convocada por SOS Galicia o domingo 10 de febreiro en Santiago. Haberá autobuses con saída dende O Barco

A Plataforma Sanitaria de Valdeoras (PSV) mantiña o xoves 31 de xaneiro unha xuntanza para analizar a situación na que se atopa a atención sanitaria na comarca. “A imposición pola Xunta da nova Lei de Saúde, a que nos opuxemos nunha masiva mobilización os veciños e veciñas de Valdeorras, Viana e Trives, acrecenta día a día o deterioro do servizo. Ao continuo desmantelamento do hospital comarcal, á falla de pediatras e especialistas, á desatención profesional nos Centros de Atención Primaria coa non substitución de médicos de familia, únese o colapso dos servizos de urxencias hospitalarios que estamos a padecer”, aseguran nun comunicado remitido aos medios neste venres 1 de febreiro.

A PSV di que “segue a defender unha atención sanitaria de calidade que responda aos intereses dos veciños e veciñas” e, nese senso, chama a unirse e a asistir á manifestación convocada por SOS Galicia o domingo 10 de febreiro en Santiago de Compostela “porque non podemos consentir que se xogue coa Saúde dos galegos”. Haberá autobuses con saída dende a praza do Concello do Barco ás 8h. dese día.

 

Artigos relacionados

Back to top button