SanidadeÚltima hora

A Plataforma pola Sanidade Pública de Valdeorras apoia a manifestación do 9 de febreiro en Santiago

Porá a disposición dos veciños desta zona unha flota de autobuses para desprazarse a Compostela

 

Este luns 3 de febreiro tiña lugar en Ourense unha rolda de prensa na que se amosaba o apoio das plataformas sanitarias das zonas de Valdeorras, Verín e Ourense á manifestación “En defensa da sanidade pública galega”, convocada para o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 12h. en Santiago de Compostela. Ademais chamaban á participación cidadá neste acto, ao que tamén asistían os sindictos.

En concreto, a Platafoma Sanitaria de Valdeorras porá a disposición dos veciños/as unha flota de autobuses. Os teléfonos para reservar prazas son: 630731130 / 649955218. Tamén haberá un buzón no edificio vello do Concello de O Barco. As prazas poderán reservarse ata o 6 de febreiro.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button