ConcellosTrivesÚltima hora

A Pobra de Trives estrea rede wifi municipal gratuíta

Ademais, o pobo de Navea xa dispón de conexión a Internet a través de radiofrecuencia

 

A Pobra de Trives xa dispón de rede wifi municipal gratuíta e pública. Concretamente, “o casco vello e a rúa San Martín gozan deste servizo tan demandado e que supón un paso decisivo no proxecto dun municipio intelixente e conectado”.

Así o valoraba a alcaldesa, Patricia Domínguez, cando comezaron os traballos para a instalación da rede, que foi sufragada con cargos aos fondos Next Generation, unha vez que o executivo local solicitou as axudas e estas foron conseguidas para avanzar neste proxecto moi agardado polos veciños e veciñas.

Ademais, grazas a este mesmo proxecto os veciños e veciñas e Navea “terán acceso a Internet a través de radiofrecuencia”, adiantan dende o Concello. A instalación dunha antena facilitará o servizo e ofrecerá cobertura aos residentes na zona.

Artigos relacionados

Back to top button