ConcellosTrivesÚltima hora

A Pobra de Trives prepárase para celebrar por todo o alto as festas do Cristo e A Dolorosa

O programa, que inclúe cultos, música e fogos artificiais, estenderase do 13 ao 18 de setembro

Procesión do Santo Cristo da Misericordia en Trives, antes da pandemia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Apenas un mes despois de desfrutar dun intenso programa de festas na honra a San Bartolo, A Pobra de Trives prepárase para outras dúas destacadas celebracións: O Cristo e A Dolorosa, con actos relixiosos, lúdicos e musicais que se estenderán do 13 ao 18 de setembro.

O programa comezará o martes día 13 coa actuación da orquestra Tango na rúa San Martín a partir das 21:30 horas, seguida dunha tirada de fogos de artificio no Agro. A xornada do mércores 14 de setembro, Día do do Cristo, arrancará co pasarrúas da banda de Ramirás e ás 12 horas terá lugar a procesión co Santo Cristo da Misericordia polas rúas de Trives amenizada pola banda, seguida da misa cantada polo Orfeón Trivés. A Banda de Ramirás tamén dará un concerto ás 18:30 horas na praza do Pilón mentres que o baile correrá a cargo da orquestra Pontevedra (21 horas) na rúa San Martín.

 

A imaxe da Dolorosa na procesión polas rúas de Trives no ano 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Deixando un día polo medio, o venres 16 de setembro será o Día do Neno, con atraccións ao 50% dende as 17 horas, e o sábado 17 comezarán os actos na honra á Virxe das Dores. Ás 11 horas haberá pasarrúas coa charanga Fuego e pola tarde, a partir das 19 horas a diversión está asegurada cos Festicultores Troupe. Ese día o baile correrá por conta da orquestra Mar Azul que actuará na rúa San Martín a partir das 22 horas.

E así chegaremos ao derradeiro día das festas de setembro na Pobra de Trives, o domingo 18, cun pasarrúas da banda de Celanova (10h.); misa e procesión amenizadas polo Orfeón Trivés e a banda (12h.) que tamán dará un concerto na praza do Pilón (18:30h.); e fin de festa coa orquestra Solara na rúa San Martín (21:30h.).

Máis información na edición do número de setembro do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button