CulturaCulturaÚltima hora

A poesía escénica de Fátima Delgado, na apertura do SilFest Valdeorras 2019

A artista barquense porá en escena o seu traballo Ninfopoética o 4 de xullo ás 21:30h.
Cartel de Ninfopoética no SilFest 2019.

É unha das protagonistas do SilFest Valdeorras dende os inicios do festival e este ano non será unha excepción. Fátima N. Delgado presentará este xoves 4 de xullo ás 21:30h. un monólogo poético post-adolescente baseado no seu traballo, Ninfopoética.

Mesturando a súas facetas de poeta e actriz, a artista barquense porá en escena o seu último poemario a través dun espectáculo que mestura o espíritu do rock, da música electrónica e do cine de principios dos anos 2000, coa cultura pop anglosaxona, “unha viaxe iniciática de corte naíf, interpretada por unha pseudo Lolita galega”, tal como ela mesma o explica.

Escrito entre 2002 e 2003 cando tiña 21 anos,  Ninfopoética é un poemario “de iniciación, de experimentación, unha especie de carpe diem extremo”, explica Fátima. Unha obra que foi concebida entre O Barco de Valdeorras (a súa vila natal), Santiago de Compostela e Manchester, no que conviven distintas voces e idiomas, e que foi recentemente publicado pola editora Urutau.

Artigos relacionados

Back to top button