ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local atopa no Barco a unha persoa desaparecida no Incio o 21 de agosto

Vehículos da Policía Local do Barco.

 

A Policía Local do Barco vén de localizar nesta vila a unha persoa que desaparecera no Incio o pasado día 21 de agosto de madrugada e que estaba a ser buscada polos servizos de emerxencia. Era atopada o día 21 de agosto ás 21 horas na rúa As Cortes do Barco.

Esta persoa é M.G.S de 70 anos, presuntamente con problemas psiquiátricos e que foi trasladada por 061 ao Hospital Comarcal e avisado ao 112 e familia, quen se fai cargo, segundo informa a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button