OurenseÚltima hora

A Policía Local de Barbadás realizou 31 propostas de sanción nesta fin de semana

O Concello apela á responsabilidade da cidadanía "para cumprir coas normas Covid"

Coche da Policía Local de Barbadás.

 

Ao longo da fin de semana a Policía Local de Barbadás levou a cabo varias intervencións con 31 propostas de sanción por incumprimento de normas Covid por parte de ciudadáns. “Se aspiramos e queremos que a situación volva paulatinamente á normalidade en todos os ámbitos e sectores socioeconomicos é preciso apelar á responsabilidade de cada un de nós”, sinala o alcalde Xosé Carlos Valcárcel ante estes datos.

Pola súa parte, a Policía Local traballa para contribuír a acadar canto antes a normalidade colaborando e informando das normas vixentes. “As sancións débense a incumprimentos da cidadanía por non cumprir co uso obrigatorio da máscara en todo momento, incluso consumindo, e por fumar e consumir bebidas en lugares non permitidos, como pode ser a vía pública”, explican dende o Concello, incidindo en que a mensaxe do rexedor é clara: “tratemos de recuperar a normalidade e manter a actual situación de baixada de casos activos por Covid para que a vidá cotiá sexa o máis normal posible”.

Artigos relacionados

Back to top button