OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense auxilia a un home na Ponte Vella “con claras intencións suicidas”

 

Na noite do domingo día 25 de setembro, en torno ás 23:51 horas a Policía Local de Ourense recibía o aviso de que fora vista unha persoa con actitude sospeitosa na Ponte Vella, na parte próxima á rúa do Progreso, amarrado á varanda dun balcón da ponte.

Tal como indican dende as forzas de seguridade local, unha patrulla que se atopaba neses momentos nas proximidade puido acudir en segundos e comprobar como un home tiña parte do seu corpo na parte exterior da ponte, con claras intencións suicidas. “Rapidamente puideron suxeitalo e devolvelo a unha zona segura ao tempo que solicitaban os servizos dunha ambulancia, na que o home de 58 anos, veciño de Ourense, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU)”, explican, destacando a alerta dunha testemuña na zona que avisou aos servizos de emerxencia e adiantando que foron instruídas dilixencias xudiciais.

 

Artigos relacionados

Back to top button