OurenseÚltima hora

A Policía Local de Ourense detén a un condutor por presunto delito contra a seguridade viaria

 

 

En torno ás 2:25 horas deste venres 11 de marzo, a Policía Local de Ourense detiña a un condutor tras unha discusión de tráfico, logo de perseguir a un peatón levando enriba unha arma e dar positivo en alcoholemia.

Tal como explican dende a Policía Local, os feitos tiñan lugar de madrugada na Ponte Romano-Caldas, na cidade das Burgas, cando recibían o aviso dunha discusión de tráfico, dirixíndose ata o lugar unha patrulla dos municipais ourensáns. “Ao chegar observan a un vehículo no medio da ponte parando, para acto seguido baixarse o seu condutor perseguindo a outra persoa dirixíndose cara a Avd. Caldas, dándolles alcance a patrulla na entrada da rúa Ribeiriño, gritando o perseguido que o condutor o tentara atropelar, ensinándolle unha arma”. Por tal motivo “foi cacheado, requisándolle unha pistola sobre a que non se achega licenza nin permiso”, engaden dende a Policía.

Este feito e a realización da proba de alcoholemia a este condutor, cun resultado positivo (máis de 4 veces a T. M. P.) motivan a súa detención e a Instrución de Dilixencias Xudiciais.

Artigos relacionados

Back to top button