
A Policía Local do Barco vén de denunciar a un taxista do concello da Veiga pola “realización de servizos de taxi de maneira antirreglamentaria”.
Segungo informan, a denuncia procede de varios taxistas do Barco de Valdeorras e “aínda que presenta contrato para a realización de servizos non se axusta ao que determina a lei do transporte de persoas en vehículo turismo, concretamente a lei 4/2013 do 30 de maio”.
Por parte da Policía barquense interceptaron o devandito vehículo e identificaron ao titular e aos seus ocupantes que eran trasladados desde O Barco con destino a Ponferrada.
A denuncia tramitarase á delegación de Mobilidade da Xunta en Ourense.