ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco incauta varios paquetes de droga nunha zona escolar

Cedida.

 

A Policía Local do Barco vén de incautar esta mañá varios paquetes de marihuana na zona escolar do Barco. Tamén procedeu á identificación de dous mozos de 18 anos, que tiñan no seu haber 5.76 e 8,76 gramos, respectivamente, así como pequenas cantidades de diñeiro, tal e como se vén de informar dende o Concello do Barco.

Ademais da incautación da droga e da identificación dos dous mozos, tramitouse a correspondente denuncia ante a Subdelegación do Goberno en Ourense para que se inicien as accións xudiciais a que houbese lugar. A Policía Local do Barco pon en marcha de forma habitual operacións de vixilancia na zona escolar, para previr e evitar o tráfico de drogas no municipio en xeral, e na zona escolar en particular.

Artigos relacionados

Back to top button