ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco intercepta na vila a unha muller que conducía baixo os efectos do alcohol

 

Na noite do xoves 25 de xaneiro a Policía Local do Barco interceptaba na vila a unha muller que conducía con síntomas de estar baixos os efectos do alcohol “e unha vez realizada a alcoholemia triplicou o legalmetne establecido polo que se trasladou o atestado ao Xulgado”, puntualizan dende a propia policía.

O suceso tiña lugar en torno ás 21 horas na rúa Balorca e no vehículo tamén viaxaba unha filla menor da muller “polo que se procedeu a localizar a un familiar directo que se fixera cargo da mesma”, destaca o xefe da Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button