ConcellosEn portadaÚltima hora

A Policía Local do Barco investiga a vertedura de entullo no Porto da Barca

Así o aseguraba na sesión plenaria o alcalde barquense, Alfredo García, dando resposta a unha das preguntas da oposición

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, intervindo na sesión plenaria do 2 de maio.

“Non temos ningunha pista sobre quen foi causante da vertedura do Porto da Barca, pero a Policía Local está investigando eses feitos”. O alcalde do Barco, Alfredo García, respondía deste xeito á pregunta que lle formulaba o concelleiro de Riada Cidadá, Félix García Yáñez, na sesión plenaria que a Corporación barquense celebraba na tarde do 2 de maio. Yáñez pedía información sobre eses feitos e tamén que se procedese a retirar o entullo e os restos de plásticos que “poden verse neste lugar tan emblemático da vila”.

Nesta sesión plenaria, a última ordinaria da actual lexislatura, aprobábase a adhesión do Concello do Barco ao “Pacto de alcaldes polo clima e a enerxía”, unha autorización da transmisión dunha praza de garaxe do edificio multiusos municipal, así como varios puntos relativos a contas xustificativas de subvencións nominativas e unha providencia da alcaldía para xerar crédito para unha máquina segadora do campo de fútbol (por valor duns 10.000 euros) e para cambiar os banquiños dos xogadores (por un importe duns 7.000 euros).

 

Artigos relacionados

Back to top button