ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco propón para denuncia tres vehículos de transporte escolar

Publicidade

 

O pasado luns 17 de xaneiro, a Dirección Xeral de Transporte (DXT) poñía en marcha unha campaña especial de vixilancia e control do transporte escolar na provincia de Ourense. Así, durante cinco días os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e das policías locais de Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Xinzo de Limia realizarán inspeccións sobre estes vehículos e os seus condutores, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, para comprobar o cumprimento da normativa establecida.

Aínda que a vixilancia por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil é permanente, esta semana intensificáronse os controis preventivos sobre os vehículos destinados ao transporte escolar, comprobando que as autorizacións e documentos que deben ter ditos vehículos sexan os correctos para a prestación do servizo. Así mesmo, verificaranse que as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo son os que esixe a normativa, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución ou os tempos de condución e descanso.

No caso do Barco de Valdeorras “controláronse todos os vehículos, fixéronse controis de alcoholemia e da  situación dos vehículos, propoñendo para denuncia tres deles”, aseguran dende a Policía Local.

 

Artigos relacionados

Back to top button