ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco redacta denuncia contra un establecemento por “xogo de menores en máquinas de azar”

 

O mércores 10 de abril, durante o servizo habitual de mañá de prevención e seguridade na zona escolar de Calabagueiros, a Policía Local do Barco de Valdeorras procedía a inspeccionar un establecemento público próximo á citada zona. Unha vez no local “detectouse e redactouse acta de denuncia con destino á Xunta de Galicia por xogo de menores en máquinas de azar”, explican dende a Policía, que procedía a inspeccionar a documentación tanto das máquinas como do establecemento.

A Policía Local lembra que a nova Lei de Xogo de Galicia obriga aos establecementos a controlar e prohibir o xogo de menores en máquinas de azar e de apostas. “En caso de dúbida teñen que pedir documentación, e a sanción pode ir dende os 3.000 ata os 15.000 euros por menor”, advirten.

Artigos relacionados

Back to top button