ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco vixiará ás persoas que alimenten aos gatos nas vías públicas

 

Dende a Policía Local do Barco veñen de informar da problemática coa colonia gatuna. “Estamos tendo verdadeiros problemas con aquelas persoas que dan de comer aos gatos nas vías publicas, porque están creando colonias de animais incontrolables, por non falar da insalubridade que provoca o feito de botar comida nas beirarrúas e outras zonas, cos conseguintes problemas de olores e infeccións”, explican.

Os axentes locais aseguran que “aínda que pensen que axudan están creando un problema moito maior e descontrolado”, polo que “primeiro avisarase e se non fan caso procederase a denunciar, a aquelas persoas que se detecte nesta actividade” tal como vén redactado na Ley 4/2017 de 3 de outubro da Xunta de Galicia de Protección e benestar dos animais de compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button