OurenseÚltima hora

A Policía Nacional salva a vida a unha muller tras un intento de suicidio en Ourense

 

En torno ás catro da tarde do pasado luns 2 de agosto, a Policía Nacional de Ourense recibía unha chamada da Sala de Operacións 091 solicitando de maneira urxente presenza policial nun domicilio do barrio do Vientún, “porque unha moza advertira a unha amiga súa da súa intención de suicidarse”.

Ata o domicilio acudían indicativos de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense, confirmando por varias fontes “a posible intencionalidade da moza de quitarse a vida; non respondendo ela ás reiteradas chamadas realizadas tanto ao domicilio como por teléfono”, explican dende a Policía, engadindo que ante o probable risco vital que corría esta persoa, e ao non dispoñer de tempo para esperar a chegada dalgunha outra que puidese franquear a entrada á vivenda, “os axentes conseguiron acceder ao interior do domicilio sen causar dano algún na porta nin na fechadura e xa no interior do piso localizaron á muller tendida sobre unha cama, non reaccionando inicialmente aos estímulos”.

Ao chegar aos poucos minutos a ambulancia solicitada, os policías xa conseguiran que a muller reaccionase, e que lles dixese o que inxerira. Finalmente era trasladada ao CHUO onde foi estabilizada, “non correndo perigo a súa vida”, aseguran dende a Policía.

Artigos relacionados

Back to top button