OurenseÚltima hora

A Praza de Abastos Nº 1 de Ourense abrirá o Xoves Santo

O obxectivo é dar servizo tanto a clientes como a pequenos produtores

 

Co obxectivo de “facilitar as compras aos ourensáns”, aliviando así aos pequenos produtores,” que están tendo dificultadas para distribuír os seus produtos”, a Praza de Abastos Nº 1 de Ourense, tomaba a decisión de abrir o Xoves Santo.

Dende o colectivo de praceiros levan un tempo advertindo da problemática dos pequenos agricultores, “algo que se vén notando xa dende hai meses coas protestas que convocaron en febreiro e que dende a entrada no estado de alarma se agravou”, din, por iso fan un chamamento para cambiar o modelo “a unha economía de subsistencia primando o produto local e dos pequenos produtores, do que nos consta que a situación é agónica, contrariamente a outras interpretacións que se poden dar baseadas en números de afiliacións que crecen ao ter que recoller as colleitas”. Dende a praza tamén critican que se esqueceran da peza máis importante da distribución de produto fresco, favorecendo ás grandes cadeas.

“A parte positiva desta situación”, din “foi o despegue do reparto a domicilio, implantado polos preceiros, que se transformou na táboa de salvación para os comerciantes do mercado e os pequenos produtores”.

 

Artigos relacionados

Back to top button