En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A praza do Concello do Barco comeza a converterse nunha pasarela

A partires das nove da noite comezará o desfile de moda do Barco Centro Comercial Aberto

Dende esta mañá a organización da Pasarela O Barco de Moda, en mans do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) está a traballar para converter a praza do Concello en escenario do desfile de moda que terá lugar esta noite de venres a partires das 21h.

Nel amosáranse prendas e outros artigos de 18 establecementos barquenses por parte de 90 modeles (50 adultos e 40 nenos). O acto será presentado polo coñecido actor Christian Escuredo, tamén barquense. Ademais o desfile pecharase cun traxe do modisto vianés Jorge Álvarez que lucirá a coordinadora da pasarela, Diana Ortiz.

 

Artigos relacionados

Back to top button