DeportesÚltima hora

A preinscrición para o campamentos de Vilarbó (A Coruña) farase este xoves na oficina de Deportes, no Barco

 

Un ano máis o Concello de As Pontes (A Coruña), ofrece ao Concello do Barco de Valdeorras a posibilidade de participar nos Campamentos Intermunicipais na Natureza que se celebran no mes de xullo na localidade de Vilarbó, para o cal a preinscrición farase este xoves, 16 de xuño.

Os interesados poden elixir entre o Campamento Multiaventura e o Robinson, con 20 prazas para cada un deles. O Multiaventura está destinado a nenos de entre 12 e 17 anos, e celebrarase entre o 5 e o 17 de xullo. O prezo deste campamento é de 253 euros. O Robinson destínase a nenos de entre 6 e 11 anos, e se celebrará entre o 23 e o 30 de xullo. Nos dous casos os nenos participantes participarán en actividades deportivas de auga, volei, xogos, obradoiros…

A preinscrición poderá realizarse entre as  8:30 e as 15 horas, ben presencialmente, ben chamando por teléfono. O venres 17 de xuño, ás 14 horas, celebrarase unha reunión para o reparto de prazas. Será no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Barco e, en caso de que o número de preinscriciones sexa superior ao número de prazas, procederase a un sorteo.

 

Artigos relacionados

Back to top button