PolíticaÚltima horaVídeos

A presentación do novo partido político Somos O Bolo, en imaxes

 

Cunha media de idade xove, persoas de diferentes puntos do municipio e de diversos sectores vén de poñerse en marcha o novo partido político Somos O Bolo, que se presentará por vez primeira a unhas eleccións municipais o vindeiro 28 de maio neste concello. Este proxecto, cuxo cabeza de lista é Miguel Ángel García, presentábase na tarde de onte nun acto público celebrado na Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo).

 

 

Dábase a coñecer a candidatura completa coa que se presentarán as eleccións e cada un dos membros da lista explicaba ás motivacións que o levaban a formar parte deste iniciativa política. Ademais explicaban a filosofía do proxecto e comentaban que, ao non dispor de financiamento para levar adiante a campaña, están a recadar fondos coa venda de camisetas co logotipo do partido.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button