CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

O CD Barco salva un punto co empate en Calabagueiros ante o Atlántida Matamá

Co 3-3 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 12 de xaneiro

 

En táboas. Así remataba o partido da xornada 17 da Preferente Sur disputado na tarde deste domingo 12 de xaneiro no pavillón municipal de Calabagueiros entre o CD Barco e o Atlántida Matamá.

 

 

O encontro comezaba cun minuto de silencio polo recente falecemento dun compañeiro do árbitro sendo o Barco quen se adiantaba no marcador co temperán gol de Brian Castro no minuto 6 aínda que só dous despois, no 8′ empataba o Matamá que lle daba a volta ao marcador co segundo gol no minuto 12.

 

 

Co 1-2 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario eran os de Lino Estévez os que igualaban o marcador co gol de Javi Pazos no minuto 60. No 73′ Sidibé adiantaba aos locais co terceiro gol da tarde pero no 85′ volvían marcar os pontevedreses, rematando o encontro co 3-3 final.

 

 

Con este resultado os vermellos rematan a primeira parte da liga no terceiro posto da clasificación con 33 puntos, a dous do segundo, o Céltiga; e a cinco do líder, o Beluso.

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button