AutomobilismoDeportesÚltima hora

A presentación oficial da V Subida a Valdeorras e do seu cartel, será o 22 de abril na “Festa da Paella”

A entrada para os nenos ata os 10 anos custará 10 euros e será gratis para os menores de 5 anos

IV Subida a Valdeorras celebrada o ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O sábado 22 de abril terá lugar a “Festa da Paella” organizada pola Escudería Valdeorras. Será a partir das 14:30 horas no pavillón municipal vello do Barco cun menú a base de entremeses ibéricos, paella, postre, café, chupito, auga e viño. A entrada custará 20 euros (17 para os socios) e poderán mercarse ata o 17 de abril nos seguintes establecementos: Talleres Toño, Autoescuela Valdeorras, Luchy’s Bar, Recalvi, 13/14 e Horta de Fina e Mar. Os socios deberán chamar ao 644 421 526.

A entrada para os máis pequenos (ata os 10 anos) custará 10 euros e será gratis para os menores de 5 anos.

 

 

Durante a festa exporase un coche de competición e a entrada dará opción a participar no sorteo dunha paletilla de xamón. Ademais, no propio evento poranse á venda rifas a 1 euro para o sorteo de 2 paletillas,  cambio de aceite, merchandising da Escudería e 3 carnés de socio.

Ademais, antes do xantar, ás 14 horas realizarase a presentación oficial da V Subida a Valdeorras-Campionato de España de Montaña e do seu cartel.

 

Artigos relacionados

Back to top button