EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A primeira vendima da tempada, coma sempre en Pedrazais (A Rúa)

Manichy recollía as uvas das súas parras de albillo o 16 de agosto

 

Non falla. Aínda que tardaba uns días en facela Manichy mantén a súa vendima temperá, a primeira da comarca de Valdeorras, e na tarde do 16 de agosto recollía as uvas das súas parras de albillo en Pedrazais (A Rúa). Tal como el mesmo explica, trátase dunha variedade branca que madura moi cedo e da que ten parra dobre pero este ano apenas recollía tres cestos. “O mildio levou máis da metade”, conta Manichy, destacando que a mencía aínda foi librando e a godello algo tamén pero da branca non quedou case nada en Valdeorras.

 

Manichy vendimando.

 

Por iso, este viticultor decidía que non pagaba a pena encender a estrulladora e pisaba as uvas á vella usanza e cos seus propios pés. “Este ano ao haber tan pouca a vendima foi artesanal de todo”, di Manichy, que este ano contou coa axuda de Aranguela.

 

Aranguela,cos labores no interior da adega.

 

Pisando as uvas.

 

Tendo en conta a súa vendima desta uva temperá, Manichy calcula que o inicio da vendima en Valdeorras podería ser xa na vindeira semana. “Normalmente empeza dúas semanas despois de facela eu pero como este ano me retrasei, alguna adega seguro que empeza para a semana”, conclúe.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button