DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A proba de Scooter abre o II Legume Jam no Barco de Valdeorras

A partires das 16:15h. arrancarán as semifinais de Skate e BMX

Por segundo ano consecutivo, o programa deportivo das Festas do Cristo inclúe unha competición no Skatepark do paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras: o Legume Jam.

En torno ás doce do mediodía do 15 de setembro, comezaba a proba de Scooter, unha das tres modalidades da competición, na que participaron cinco rapaces. O gañador foi Hugo Vega de Ponferada que levou tamén o premio do best treck, o segundo foi Daniel Bertuce do Barco e o terceiro Sergio Zarauza tamén de Ponferrada.

E xa pola tarde, a partires das 16:15h. comezará o prato forte da competición: as semifinais e finais de Skate e BMX, estando previstas as finais para as 19:30 e 20h. respectivamente.

O campionato está organizado por Christian Pombo, profesional do BMX natural do Barco, e conta coa colaboración de moitas empresas da comarca.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button