ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A proba infantil abre a 12ª Carreira Popular do Turrón do Barco

Multitude de nenos acompañados polos seus pais tomaban a saída dende a Fonte da Ra na tarde do 22 de decembro

Dende a Fonte da Ra, no Paseo do Malecón, dábase a saída á proba infantil da 12ª Carreira Popular Solidaria do Turrón no Barco na tarde do 22 de decembro. Numerosos nenos, acompañados polos seus pais, agardaban disfrazados con temática navideña a que se dese o sinal. Antes, tomaba a palabra o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, quen agradecía a numerosa participación e animaba aos corredores. Despois a técnica de Deportes, Kissy Torres, facilitaba unha serie de instruccións para realizar a proba.

Pouco despois comezaba a carreira e os participantes dirixíanse veloces cara a liña de meta situada na zona da praza Andrés de Prada que conecta coa rúa Doutor Pérez Lista. Entre tanto, continuaban as inscricións dos maiores para a seguinte carreira, prevista para ás seis da tarde.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-12a-carreira-popular-solidaria-do-turron-do-barco-bate-un-novo-record-e-supera-os-1-300-participantes/

Artigos relacionados

Back to top button