En portadaGalerías de fotosSemana Santa

A procesión de Resurrección completa a Semana Santa

Co Domingo de Pascua conclúe na provincia un intenso programa de actos litúrxicos

Do Encontro, de Resurrección ou do Resucitado coa Virxe. Son algúns dos nomes que recibe na provincia a procesión que se celebra na mañá do Domingo de Pascua. Con ela complétanse na provincia os actos dunha intensa Semana Santa marcada polo bo tempo e por unha alta participación.

No caso do Barco, como se recolle nestas imaxes, a procesión comezaba ás doce do mediodía do 5 de abril coa saída das imaxes da Virxe e de Cristo Resucitado da Igrexa de San Mauro. A partir de aí os dous pasos iniciaban un percorrido por separado, sendo portada a imaxe de Virxe polas mulleres e a do Resucitado polos homes. Ambas reencontrábanse no Porto da Barca e a partir de aí confluían nunha mesma procesión que se dirixía ata a Igrexa de Santa Rita, onde tiña lugar a misa de Resurrección.

Tamén en Petín, como pode verse nas últimas fotos desta galería, se celebraba ás 11:45h. a procesión do Encontro.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button