OurenseÚltima hora

A procesión de San Bieito rodea un ano máis o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Parada de Sil ofreseuse esta maná ás 12:30 horas cunha misa solemne na súa honra e a posterior procesión portando ao santo

 

O alcalde, Aquilino Domínguez, portando a San Bieito durante a procesión.

A mañá comezaba de festa en Parada de Sil, onde tivo lugar unha das maiores tradicións desta rexión da comarca, a Romaría de Santa Cristina. O Mosteiro recibía xa ao pobo cun postiño na entrada, onde podíanse adquirir bebidas e roscas de Sober, algo que moitos, tras a camiñata, agradecían. Comezaba o acto cunha misa solemne na honra a San Bieito que, congregando a xente de toda a provincia ourensana e camiñantes que particiban das rutas do lugar, estivo amenizado polo grupo coral “Aqua Música”, e na que o sacerdone que ofrecía a misa aprobeitou para presentar aos habitantes da zoa ao seu novo párroco.

Coa posterior pasada de paño a San Bieito dos seus fieis, procedeuse a portalo ao redor do Mosteiro de Santa Cristina. O alcalde actual, Aquilino Domínguez, participou desta tradición xunto con máis personalidades da zoa. A música da charanga “Os Escachapeitos” foi a encargada de acompañar aos numerosos fieis durante o percorrido.

Unha vez rematada a cerimonia, procedeuse a outra tradición que vai desaparecendo a medida que pasan os anos, a subasta de galos como ofrenda a San Bieito. Francisco González Bouzo encárgase con gusto e maña da experiencia desta típica costume para recaudar á que leva dedicada dende o ano 59. Nesta ocasión un único galo foi sometido á subasta, que despois de moitos ofertantes que subían e loitaban o prezo levávase consigo feliz o seu gañador.

Durante a subasta do galo.

 

Moitos dos que gozaron da Romaría optaban por quedarse a comer no souto para despois seguir facendo senderismo polas numerosas rutas que ofrece Parada de Sil, e outro tanto saía para degustar productos do pobo. Para finalizar, cabe destacar o traballo de Protección Civil de Parada de Sil e membros do GES, que grazas á súa organización mantiveron en orde a enorme cantidade de automóbiles nos que se acercaron os ourensáns, permitindo entradas e saídas sen atascos que facilitaron a chegada e o estacionamento dos coches.

 

San Bieito.

 

Durante a Romaría.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button