Depois de tres intensos días, con actividades para todos os gustos e idades (música, deporte, teatro, cultos,…) as festas patronais de Vilamartín de Valdeorras baixan hoxe o pano. E fano precisamente o día de San Xurxo, santo ao que se adican os festexos, coindicindo co Día do Libro e festivo local, cun dos actos centrais do programa: a procesión.

Así, no mediodía do 23 de abril saía a comitiva da igrexa parroquial, encabezada polo cura (un dos sacerdotes das Ermitas) e os gaiteiros Airiños de Caldelas. Percorrendo boa parte do pobo, os veciños acompañaron ás imaxes de San Jorge e varias santas, levadas a hombros por grupos de homes, mulleres e mozos.
Trala procesión celebrábase a eucaristía de San Jorge e as festas rematan pola tarde coa acuación da orquestra Trébol.

Fotos: Carlos G. Hervella.