O Barco de Valdeorras e a Pobra de Trives. As dúas capitais de comarca celebran hoxe, 14 de setembro, o Día do Cristo.
E nas dúas localidades comezaban as procesións ás 12h. No caso de Trives, a imaxe do Santo Cristo da Misericordia percorría as rúas nun dos actos máis esperados polos devotos, no que tamén sacan a imaxe da Virxe. O apartado musical correu por conta da Banda de Gaitas Os Trintas que tamén actuará na sesión vermú. O baile en sesión de tarde e verbena estará amenizado pola orquestra Dimensión.

Mañá 15 de setembro, a charanga Terras do Bibei fará un pasarrúas e tamén haberá baile, desta volta a cargo do grupo D’Líder que actuará en sesión de tarde e verbena.
O acto central na honra á Virxe das Dores ou Dolorosa, celebrarase o domingo 16 de setembro. A eucaristía solemne comezará ás 12:30 horas seguida pola multitudinaria procesión que levará á imaxe por toda a vila. Igual que no caso do Cristo, tamén haberá música para amenizar a xornada, cun pasarrúas e concerto a cargo dunha banda de música; e baile, en sesión de tarde e verberna a cargo do grupo Nebraska.
Fotos: Carlos G. Hervella.