En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A procesión vespertina pon o broche aos cultos na honra á Virxe de Fatima en Fontei (A Rúa)

 

Trala novena e a tradicional procesión das antorchas, os cultos na honra á Nosa Señora de Fátima na parroquia ruesa de Fontei, pechábanse hoxe coa procesión da despedida.

 

 

Neste 2023, ano en que se conmemora o 75 aniversario da chegada da Virxe en Fátima á parroquia de Fontei, ás seis da tarde deste 13 de maio celebrábase a última misa á que asistían o párroco de Fontei, Lisardo Paradelo e o predicador, Miguel Ángel González García (Canónigo da Catedral de Ourense). E trala eucaristía saía a comitiva, encabezada polos nenos da Primeira Comuñón, e seguida por centos de devotos.

 

 

Como adoita ser habitual, en varios puntos do percorrido os devotos lanzaba pétalos de rosas ao paso da Virxe. E despois do percorrido polas rúas de Fontei ata a praza Enriqueta Casanova, a imaxe de Fátima era conducida pola Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, ata chegar novamente ao interior da igrexa cos fieis despedíndoa cos panos brancos ata o vindeiro ano, un dos momentos máis emotivos da celebración.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button