CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A profesora Nathalia Thais achega a Valdeorras a realidade do Brasil de Bolsonaro

Esta investigadora brasileira impartía na tarde do 25 de xaneiro unha conferencia na Biblioteca Municipal da Rúa

Sobre a situación que vive Brasil na actualidade, tras á chegada a presidencia de Jair Bolsonaro, disertaba na tarde do 25 de xaneiro na biblioteca da Rúa a investigadora Nathalia Thais, profesora da Universidade de Viçosa en Brasil. Explicaba como este país chegou a esta realidade, o cambio nos valores e o xeito no que se está a afrontar a situación.

Esta estudosa, natural de Rondonia e gran coñecedora das comunidades indíxenas, achegaba o seu testemuño de primeira man nesta conferencia, promovida por Valdeorras en Irmandade. Numerosas persoas asistían a este acto, que foi presentado por Eliska Fárková.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button