ConcellosO BarcoÚltima hora

A promoción de 1972 do Colexio Divina Pastora do Barco celebra o seu 50 aniversario

Unhas 32 persoas revivían a súa nenez e mocidade nunha xuntanza na noite do 23 de decembro

 

Entre multitude de lembranzas e con moita emoción e alegría, os alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco nacidos no ano 1972 celebraban o seu 50 aniversario cunha xuntanza-cea na noite do 23 de decembro no Restaurante Fernando III da vila. Reuníanse 32 persoas, moitas delas chegadas de fóra e que había alomenos 30 anos que non se vían.

 

 

“Hai algunha persoa que é un ano maior pero que se incorporou ao noso curso e rematamos todos xuntos oitavo alá polo ano 1986”, explica Marga, unha desas antigas alumnas e que se encargou de coordinar este encontro tan especial, no que participaban uns 32 compañeiros do colexio, que revivían a súa nendez e mocidade.

 

 

A idea de organizar este xuntanza xurdía meses atrás ao decatarse un par de antigas alumnas de que a promoción de 1972 do colexio cumpría 50 anos. Foi entón cando pensaron en tratar de reunir aos seus daquela compañeiros de curso. Partían dun pequeno listado ao que foron incorporando nomes e contactos ata crear un grupo de whatsapp de ata 54 persoas.

 

 

“Fixemos todo o posible contactar con todos e non queremos deixar a ninguén excluído, pero ás veces é complicado porque moitas persoas están fóra, por iso o grupo segue aberto, de feito a nosa intención é organizar unha nova xuntanza, que por agora non ten data, para volver a xuntarnos e incorporar ás persoas que non puideron estar na primeira”, adiantan as promotoras da iniciativa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button