En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense chega aos 891 casos activos de Covid, 41 máis que onte

O Hospital de Valdeorras mantén 5 ingresos por coronavirus, o de Verín rexistra 12 e o Hospital Universitario de Ourense 54

Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Segue o ascenso de positivos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que encabeza as cifras de casos activos no conxunto de áreas sanitarias galegas. Así, segundo a última actualización de datos feita pública esta mañá pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria ourensá sitúase nos 891 casos activos (41 máis que onte), fronte aos 848 da área da Coruña, aos 503 da de Lugo, aos 722 da de Pontevedra, aos 460 da área de Vigo, aos 547 da de Santiago e aos 121 da de Ferrol.

Do total de 891 pacientes, 73 encóntranse ingresados (deles 8 nunha Unidade de Coidados Intenstivos) e 818 permanecen a seguemento a domicilio, segundo informa a Consellería de Sanidade. O Hospital de Valdeorras, no Barco, continúa con 5 ingresos, mentres que o de Verín baixa a 12 (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 47 pacientes en planta (5 menos que onte) e 7 (1 menos que onte) na UCI. Ademais o COSAGA ten 1 ingreso en planta e a Clínica El Carmen 1 en UCI.

Ata de agora na provincia lévanse realizado 62.977 probas PCR, 932 delas nas últimas 24 horas.

As cifras en Galicia

Galicia suma nesta xornada 4.092 casos activos de Covid. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 751 falecementos. O número de PCR realizadas é de 499.201.

Artigos relacionados

Back to top button