Nova xornada de subida nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, hai 26 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 8 máis que onte.
Desa cifra total de 26, 3 persoas están ingresadas no Hospital Universitario de Ourense e 23 permanecen a seguemento a domicilio.
Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en na comunidade é de 359 (38 máis que onte), deles 143 son da área da Coruña, 71 da de Lugo, os 26 xa mencionados da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 64 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 3 da de Ferrol, segundo Sanidade.