En portadaSanidadeÚltima hora

A provincia inicia a segunda quincena de xuño co 47,2% da súa poboación vacinada contra o Covid

A Área Sanitaria ourensá espera chegar esta mesma semana ás 300.000 vacinas administradas

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comeza a segunda quincena de xuño co 47,2% da súa poboación diana vacinada contra o Covid-19 coa pauta completa, ou o que é o mesmo 121.344 ourensáns protexidos fronte ao coronavirus, e un total 289.101 vacinas administradas, polo que agardase acadar esta mesma semana as 300.000.

“A previsión semanal é continuar, desde o xoves, coas primeiras doses do grupo de persoas entre 40 e 49 anos, que se espera acade aos nados no ano 78; continuar coas segundas doses de entre 50 e 59; así como coas primeiras, ou segundas dos grupos de profesionais esenciais, en xeral profesionais de nova incorporación, ou que retornan ao traballo tras unha baixa laboral”, adiantan dende o Sergas.

Tamén estes días se continurá, nos hospitais comarcais de Valdeorras e Verín e no de Ourense, coas segundas doses dos colectivos esenciais que recibiron a primeira dose de Astra e hoxe mesmo están novamente citadas persoas pertencentes aos grupos etarios xa convocados e que non acudiron (repescas).

O tipo de vacina que se empregará será, como ven sendo habitual a que esté dispoñible e autorizada para cada grupo etario, que no caso das persoas entre 40 e 49, son tanto Janssen, como Moderna, ou Pfizer. Esta última é a mais empregada, representando o 78% das preto das vacinas administradas na nosa provincia, seguidas das de Astra Zeneca, o 13%, Moderna o 6 e Janssen o 3%.

Este semana, na que estarán convocados segundo as previsións, preto de 19.000 ourensáns, novamente se trasladará o punto de vacinación masiva do entorno da cidade de Ourense desde o Pazo dos Deportes Paco Paz a Expourense.

Artigos relacionados

Back to top button