SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 13 ingresos por Covid, 1 deles no Hospital de Valdeorras

A data de hoxe aínda catro persoas permanecen na UCI en estado grave e nove das 243 con diagnóstico de coronavirus na área ourensá están hospitalizadas

Entrada principal ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Tras ano e medio de pandemia e cinco ondas epidémicas, na provincia de Ourense 20.930 persoas se recuperaron da Covid19 neste intenso período no que, a data de hoxe, aínda catro ourensáns permanecen na UCI en estado grave e nove das 243 persoas con diagnóstico de Covid-19 na nosa área están hospitalizadas.

Delo despréndese que os pacientes ingresados só representan o 5,3% dos casos, todos eles no Hospital Universitario de Ourense, con 12 pacientes, e un no Hospital Público de Valdeorras, manténdose libre de Covid o de Verín.

Entre as persoas con diagnóstico positivo a Covid hai unha gran variabilidade de idades, mentres que os ingresos concéntranse entre as de maior idade. En concreto en UCI a idade media dos ingresados é de 70 anos e en planta ascende ata os 82, con idades que oscilan entre os 53 e os 93.

Sen dúbida, este cambio na incidencia global e presión asistencial, está directamente relacionado coa concatenación das medidas de control, a vixilancia epidemiolóxica, o rastrexo de contactos e sucesión de cribados poboacionais, e por suposto a extensión da vacinación fronte a Covid19, que en Ourense ronda o 90% de cobertura con 496.376 doses administradas e 256.742 persoas coa pauta completa.

Artigos relacionados

Back to top button